Entre aplausos e abucheos SANTIAGO FREIRE tomou posesión do bastón de mando do CONCELLO DE NOIA

Unha hora e media foi o que durou un pleno extraordinario que pasará á historia de Noia, por ser a primeira vez que se presenta unha moción de censura.
Unha sesión que ademais quedará na memoria de varios centos de veciños que decidiron ver cos seus propios ollos e en directo o espectáculo no que se convertiu este acto no que non faltaron aplausos nin tampouco abucheos.
Por decisión de Miguel Paz, portavoz do PSOE e desde hoxe exalcalde de Noia, decidiron transladar o salón de plenos da casa consistorial ao pabellón Rosalía de Castro.
Alí, comezou tomando a palabra o xa citado Miguel Paz que ofreciu un discurso emotivo á veciñanza asegurando que se atopa mal e moi triste polo sucedido, agradecendo o traballo desenvolto polos seus compañeiros de equipo no seu curto mandato e evidenciando que se vai coa conciencia tranquila e coa súa dignidade intacta.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.