Icono del sitio CanalBarbanza.com

As instrucións da Xunta para corrixir o ‘decreto do aprobado xeral’ manterán os criterios de calidade do sistema educativo galego

Nunha visita ao Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), o corazón da rede de formación do profesorado, o titular do departamento educativo do Goberno galego lembrou que o decreto do Goberno central abre a porta a rebaixar o nivel de esixencia do sistema educativo, baseándose na situación excepcional vivida a finais do curso pasado. Neste sentido o conselleiro incidiu en que “non podemos permitir que a pandemia marque o ritmo do sistema educativo”.
Román Rodríguez fixo fincapé en que o éxito do alumnado galego en informes como o PISA son froito, precisamente, do traballo da comunidade educativa e da cultura do esforzo que se lle vén inculcando aos alumnos e que prevalece na última década no ensino galego.

Salir de la versión móvil