O conselleiro de facenda afirma que GALICIA conseguiu rebaixar o déficit ao 0,67% do PIB no 2015

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou hoxe que Galicia pechou o exercicio 2015 cun déficit público do 0,67% do PIB, o que significa que a Comunidade galega volveu cumprir o obxectivo de estabilidade orzamentaria para o ano pasado, fixado no 0,7% polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) para todas as Comunidades Autónomas.
En rolda de prensa, o conselleiro indicou que o dato provisional de déficit público de Galicia situouse no 0,67% ao peche de 2015. Isto supón unha redución do 31% respecto ao peche do ano anterior, no que Galicia rexistrou un déficit do 0,98%, tamén por debaixo do 1% autorizado polo CPFF para 2014.

https://www.youtube.com/watch?v=aNktHzxZK8I

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.