A asociación de Mulleres en Acción presidida por Teresa Porritt Lueiro vén de presentar no rexistro municipal de Ribeira un escrito no que pide ao concello unha explicación ao permitir que unha das comparsas do municipio saie tal día á rúa cunha murga que, tal e como afirman é denigrante e promove o machismo, lacra pola que esta asociación vén coitando dende o día da súa formación.
Lembramos que o día do desfile se lle outorgou á asociación “Habana Riveira Haveira”, o terceiro premio á murga “El calendario”.
Desde mulleres en acción piden que se retire o premio outorgado, que se depuren responsabilidades sobor daquelas persoas facultadas para examinar as letras das murgas e para evitar que tales actuacións volvan repetirse se cree unha comisión ou organismo dependente dese concello que de xeiro transversal se vele pola igualdae de xenero para evitar conductas machistas.
https://www.youtube.com/watch?v=t2bqwf8oJj4