Un total de 20 alumnos dos concellos de Outes, Noia e Lousame formaranse nos próximos meses en actividades de conservación e mellora de montes, grazas a un novo obradoiro de emprego que terá a sede no municipio outense. A achega por parte da Xunta de Galicia ascende a 347.000 euros, así como unha achega de 16.500€ para incentivar a contratación en empresas da bisbarra das 20 persoas unha vez remate o obradoiro.
Outes, Noia e Lousame disporán dun obradoiro de emprego en xestión forestal

