Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais no lugar do Conchido, na Pobra do Caramiñal.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron nunha inspección o foco contaminante que se producía como consecuencia das fisuras nun colector paralelo a un curso de augas naturais, na desembocadura deste na ría de Arousa.

Salir de la versión móvil