As axudas da XUNTA ao CONCELLO DE MOS permiten mellorar instalacións deportivas e recuperar o parque das lagoas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda acompañado da alcaldesa, Nidia Arévalo, visitou hoxe o concello de Mos onde coñeceu de primeira man as actuacións levadas a cabo ao abeiro de ordes de axudas da Xunta, como son o Fondo de Compensación Ambiental e a Orde de Infraestruturas.
Alfonso Rueda, que tamén estivo acompañado polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves visitou as instalacións deportivas na zona das Pozas, financiadas ao abeiro da Orde de Infraestruturas, cunha axuda de máis de 35.000 euros; e posteriormente a recuperación do Parque das Lagoas, en Guizán, grazas a unha axuda do Fondo de Compensación Ambiental, por importe de 28.000 euros.
O concello de Mos recibiu axudas do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de Infraestruturas, dúas ordes dirixidas aos concellos, que benefician especialmente aos municipios pequenos e do interior de Galicia, que contribúen á mellora das condicións de vida dos seus veciños, como vemos neste caso, e que amosan o a aposta da Xunta polos concellos.

https://www.youtube.com/watch?v=Zg5T2tokNnM

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.