Amicos inaugura a primeira Sala de Estimulación Multisensorial para nenos con discapacidade da comarca gracias a Jealsa Rianxeira.

A Asociación Amicos conta dende hoxe cunha Sala de Estimulación Sensorial, que dotada cun innovador equipamento vai permitir aos nenos con discapacidade a relaxarse,aprender a percibir mellor o seu contorno e expresar emocións .
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu hoxe no municipio coruñés de Boiro á inauguración da nova sala sensorial financiada polo grupo empresarial, Jealsa-Rianxeira. O seu presidente de honra, Jesús Alonso Fernández, tamén asistiu ao acto de posta de largo desta sala; así como o alcalde de Boiro, Juan José Dieste Ortigueira; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo Pouso; e responsables de AMICOS encabezados pola súa presidenta, Esther Vidal Rodríguez.

Na súa intervención, José Manuel Rey Varela destacou o traballo que está a facer AMICOS e outras entidades sen ánimo de lucro en favor das persoas con discapacidade intelectual e en apoio dos seus familiares; ao tempo que recoñeceu “a implicación e compromiso social de Jealsa Rianxeira con esta terra e, especialmente, coas persoas que máis precisan de apoio”. Nesta liña, o conselleiro manifestou que a Xunta de Galicia “non é allea a este esforzo por mellorar as políticas sociais e garantir máis oportunidades para este colectivo, compartindo con AMICOS e con Jealsa Rianxeira o obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

Deste xeito, Rey Varela explicou que o Goberno galego está a traballar no incremento de novos servizos de atención residencial e de atención diúrna para os diferentes colectivos da discapacidade, especialmente a discapacidade intelectual e o autismo. A administración autonómica ten hoxe en día un total de 54 prazas concertadas con AMICOS -41 no centro de atención integral de Boiro e outras 13 no Centro Ocupacional de Ribeira- ás que destina anualmente 600.000 euros.

Pola súa banda, Esther Vidal agradeceu a Jealsa – Rianxeira a súa contribución económica para a adquisición da Sala de Estimulación Multisensorial. Grazas ao apoio da empresa conserveira, unha veintena de rapaces usuarios de Amicos teñen a súa disposición unha das instalacións deste tipo máis avanzadas das que hai Galicia, pois incorpora as últimas innovacións tecnolóxicas. A presidenta de Amicos tamén agradeceu o apoio da Xunta, do Concello de Boiro e da mancomunidade de montes nestes 15 anos de traballo. Esther Vidal fixo un percorrido polos logros de Amicos -que

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.