O presidente da FEB responde duramente ás criticas vertidas neste medio polo presidente da asociación de empresarios de Ribeira, Antonio Miranda.
José Ramón Romero mesmo acusa de intento de conspiración ó presidente da asociación Ribeiresa.
Sobre a suposta falta de planificación, da que miranda acusaba á FEB, Romero négao taxantemente, e mesmo apunta a posible orixe do malestar de Antonio Miranda.
A polémica está servida, dende a asociación de Empresarios de Ribeira amezan con deixar a FEB , mentres dende a FEB apelan á unión do sector. Romero manifestou que a intención dos Ribeirenses pode ser a de fundar unha asociación de Arousa Norte, o cal considera un erro. Apunta asimesmo que a asociación de Ribeira é importante, ó igual que todas as demais.
https://www.youtube.com/watch?v=0atPJZDv1nM