O BNG da Pobra afirma que o concello está a vivir un dejà vu, así o expresou o responsable do BNG pobrense, Ramiro Ouviña, logo de dar conta da toma de decisións unilateral por parte do goberno local sobre temas de gran importancia para a veciñanza como son os orzamentos, o POS ou o PAS.
Agora a preocupación dos nacionalistas está no novo Plan da Deputación, para o cal hai que seleccionar os proxectos antes do 18 de marzo, sen esquecer a aprobación dos orzamentos. Ante isto dende o BNG apelan á responsabilidade de todos os grupos políticos para chegar ó consenso.