Feijóo refírese aos contratos programa como a confirmación de que a aposta pola educación de calidade “xa non ten volta atrás

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe aos contratos programa como a confirmación de que a aposta pola educación de calidade “xa non ten volta atrás”. Durante unha visita ao CEIP Curros Enríquez de Celanova, Feijóo garantiu o compromiso do Goberno galego de seguir mellorando a educación a través de ferramentas como esta iniciativa, cuxo obxectivo é “afondar nunha nova forma de aprender, de ensinar e de implicarse”.
O titular do Goberno galego referiuse ao CEIP Curros Enríquez como un exemplo na aplicación desta iniciativa, e lembrou que na actualidade 82.000 alumnos de toda Galicia se están a beneficiar dos contratos programa; “sete veces máis que cando o puxemos en marcha hai cinco anos, e hoxe un de cada tres centros do ensino público xa participa nesta iniciativa”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.