CarnotaMuros

A Once Dedicará O Seu Cupón Do Luns 11 De Agosto Á Illa Riveirense De Sálvora

A ONCE vai dedicar o seu cupón do vindeiro luns 11 de agosto á illa de Sálvora.

A imaxe deste enclave radicado dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas e pertencente ao municipio de Riveira forma parte dunha serie de 15 cupóns que a organización de invidentes dedicará ao longo deste mes de agosto a praias e areais da Comunidade Autónoma de Galicia.

A iniciativa, concibida para promover a difusión das costas galegas como reclamo turístico, conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia.

Outras imaxes incluídas nestes 15 cupóns forman parte do noso contorno, como Arealonga (Muros) e Carnota (ambos xa emitidos os días 5 e 6 de agosto) ou, dentro da ría da Arousa, a praia do Terrón en Vilanova de Arousa (26 de agosto)

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.