Os temporais causaron danos nas infraestruturas portuarias por importe de máis de 768.000 euros no que vai de ano en GALICIA

Os temporais causaron danos nas infraestruturas portuarias por importe de 768.482 euros desde comezos de ano en Galicia. Así o reflicte o informe presentado hoxe no Consello da Xunta, no que se amosa unha primeira avaliación dos danos producidos nos peiraos feita polo ente público Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar.

Neste sentido, o ente público rexistrou un total de 75 incidencias por mor dos fenómenos meteorolóxicos adversos que afectaron á nosa comunidade desde o comezo do ano. Do total destas incidencias, 4 delas están atendidas, 19 en execución e o resto están seguindo os trámites preceptivos habituais que se realizan antes do inicio dos traballos. O ente público procederá a executar as reparacións de todos os danos producidos o antes posible e en canto as condicións climatolóxicas o permitan.

Do total das incidencias, 35 rexistráronse na zona comprendida entre Pontedeume e Rianxo, por un valor de 350.668 euros.

https://www.youtube.com/watch?v=eRRyxklr0HY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.