O BNG logrou o acordo do Parlamento galego para reclamar á Xunta que analice de inmediato as posibles solucións á situación do porto da Pobra de Caramiñal pola modificación da dinámica das correntes mariñas e avaliar, entre elas, a apertura definitiva de varias canles de corrente no peirao comercial que favorezan o desenvolvemento do marisqueo nas concesións do Areal e Os Raposiños.
O BNG acada a unanimidade do Parlamento galego para buscar solucións á dinámica das correntes mariñas no porto da Pobra

