Muros

A XUNTA apoia con 250.000 euros a contratación de persoal para as oficinas municipais de turismo entre Xuño e Setembro

Os concellos galegos que conten coa declaración de municipios turísticos terán de prazo ata o día 27 de febreiro para solicitar as axudas convocadas pola Xunta de Galicia e publicadas no DOG do 27 de xaneiro para a contratación de persoal nas oficinas de turismo entre os meses de xuño e setembro.
A través da Axencia Galega de Turismo, a Xunta apoiará cun total de 250.000 euros estas contratacións, das que na provincia da Coruña poderán beneficiarse os concellos de Padrón, Ribeira, A Pobra, Rianxo e Muros. O obxectivo, segundo explicou o delegado territorial Diego Calvo, é “colaborar cos concellos no impulso da súa oferta turística nos meses en que máis o necesitan”. Do mesmo xeito, salientou o esforzo económico que se realiza desde o Goberno autonómico, que mantén íntegra a partida de anos anteriores, á vez que lembrou que “esta iniciativa naceu con este goberno, xa que ata entón eran os concellos os que asumían a totalidade dos gastos das súas contratacións”.

https://www.youtube.com/watch?v=emWO2rF1NRY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.