O mal tempo nopn foi excusa na tarde de onte para non saír á rúa, y e que a maioría dos municipios do Barbanza celebraron o desfile coas charangas que alagaron aos veciños de humor.
No caso de Ribeira, as once agrupacións que participaron (incluíndo tamén as de categoría infantil) antes de subir ao escenario, instalado na carpa situada na praza de España, desafiaron ao tempo e saíron a desfilar. Certo é que o percorrido foi curto e que se fixo con paso lixeiro, porque as nubes que cubrían o ceo ameazaban con descargar unha choiva que non tardaría en chegar.
Os integrantes do xurado de expertos que puntuou as actuacións musicais foi unánime para determinar á agrupación gañadora. A charanga da asociación A Redonda Vella de Castiñeiras logrou cinco puntos de cada membro, a nota máis alta, e fíxose coa vitoria. Na copla, non dubidaron en reclamar mellores comunicacións para Castiñeiras nin se esqueceron de temas de actualidade na capital barbancesa, como a lonxa ou o novo mercado.
Estas foron algunhas das performans das que pudieron disfrutar os veciños.
A charanga da asociación a REDONDA VELLA faise co entroido RIBEIRENSE
Please login to join discussion