O Concello de Lousame organiza esta fin de semana do 17 e 18 de outubro dúas actividades dirixidas a un público infantil: unha novidosa “escape room” baseada nunha das novelas de Harry Potter e un concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona. Dous espectáculos gratuítos pero de aforo limitado debido á Covid-19, polo que os veciños e veciñas que desexen asistir a algún deles deberán reservar a súa entrada na Casa da Cultura de Lousame (981 825 780).