Boiro

A Deputación financia a construción dunha cuberta con iluminación solar fotovoltaica para o parque infantil da Praza de Galicia, en Boiro

A Deputación da Coruña financiará a través do Plan Único (POS+2019) as obras de construción dunha cuberta con iluminación solar fotovoltaica para o parque infantil situado na Praza de Galicia, no núcleo urbano do Concello de Boiro.

A actuación, valorada en 247.740,25 euros e financiada ao 100% polo organismo provincial, permitirá crear unha cuberta tipo pérgola duns 22×32 metros para que funcione como abrigo tanto do parque infantil existente como do espazo contiguo destinado a parada do transporte público.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.