O concello renovou o regulamento do arquivo municipal na procura de facilitar o acceso ao usuario e adaptalo á era dixital

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación definitiva do novo Regulamento do Arquivo Administrativo do Concello de Riveira: un documento que vén a substituír a normativa reguladora deste servizo (a anterior databa do ano 1995) co fin de adaptala á progresiva implantación da Administración Electrónica amparada nas novas tecnoloxías dixitais e para facilitar o acceso ao documentos custodiados por parte dos usuarios interesados.

O regulamento aprobado consta de 58 artigos distribuídos en oito capítulos. Conta ademais cunha disposición final, unha disposición derogatoria e unha disposición transitoria, e un apéndice que regula as normas para acceso e consulta en sala e os modelos de documentación para trámites.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.