O día 17 de febreiro o popular SANTIAGO FREIRE será oficialmente o NOVO ALCALDE DE NOIA

O partido popular e o noia comezan a manter reunións para perfilar unha nova xestión de goberno que se debaterá o día 17 deste mes despois de que o pasado venres ambas formacións fixeran oficial a moción de censura coa súa presentación no rexistro municipal.

Unha vez que se leve a pleno o xa citado día 17, Santiago Freire contará co apoio do Noia para coller as rendas do goberno na vila.

O pasado venres voceiros de ámbalas dúas formacións, Santiago Freire e Marisol Villar, fixeron entrega do texto asinado ante notario polos oito edís populares e os dous independentes. Ademais dun resumo dos resultados electorais, o texto recolle unha exposición dos motivos que lle levaron a tomar esta decisión ante a inestabilidade do actual goberno.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.