Sin categoría

As vendas de solo empresarial no ano 2015 superan os 500.000 metros cadrados

As vendas de solo empresarial nos parques autonómicos superaron no ano 2015 os 500.000 metros cadrados e acadaron as cifras dos anos de maior crecemento económico grazas aos incentivos postos en marcha pola Xunta de Galicia. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, presentou hoxe en rolda de prensa, acompañada do director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, o balance dos programas destinados a facilitar o acceso ao solo empresarial na Comunidade.
Na súa intervención, a conselleira concretou que as vendas de 505.293 metros cadrados en 204 parcelas repartidas polos parques das catro provincias galegas superan a suma das rexistradas nos tres anos anteriores.

Salir de la versión móvil