Xunta de Galicia

A Xunta blinda o sistema educativo galego cun investimento de 162 M€ para atender as necesidades xeradas polo contexto covid

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade está a investir un total de 162 millóns de euros no sistema educativo galego co fin de atender as necesidades derivadas do contexto covid nos centros durante este exercicio. Trátase dun importante esforzo orzamentario da sociedade galega segundo explicou o conselleiro. Así, a meirande parte do esforzo orzamentario absórbea a dotación de recursos humanos, con case 94 millóns de euros que inclúe a contratación de máis profesorado; seguido da dotación de equipamentos necesarios no escenario covid ao que se destinan 43,5 millóns de euros; e a atención e reforzo de servizos como o comedor escolar ou a limpeza entre outros, cun orzamento de 25 millóns de euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.