Foi onte cando unha familia de Noia acudiu á Plataforma “Stop Desahucios” en busca de axuda. A familia veuse nun apuro ante a notificación xudicial dunha execución por reclamación económica para desafiuzalos do negocio que rexentan dende fai máis de 25 anos.
Fai uns anos, esta mesma familia foi desafiuzada da súa vivenda habitual, na que estaban con arrendatarios, por problemas económicos e agora enfróntanse a ter que deixar o negocio que lles permitía obter algún ingresos para a súa propia subsistencia. A Plataforma “Stop Desahucios” asesorou á familia para que poidan buscar xusticia de balde e despois presentala ante a correspondente oposición, ante o xulgado de primeira instancia en Noia.
http://youtu.be/5g3KevYMbFE