O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a posibilidade de elaborar un proxecto de lei de lectura única para solucionar de xeito definitivo o bloqueo que afecta aos proxectos de futuro da factoría PSA Peugeot-Citröen, logo da anulación do PXOM de 2008. Así o manifestou despois manter unha xuntanza co director da planta viguesa, Yann Martin.
. O Presidente galego anuniou que o martes van aprobar a Lei do solo en Galicia e hai unha posibilidade de que nesa lei xa se dea a seguridade xurídica que esta factoría necesita. En caso de non obter o martes o visto e prace de todos os grupos parlamentarios para poder debater esa emenda e posteriormente votala, Feijóo incidiu na posibilidade de elaborar neste mes o proxecto de lei cun único artigo, que sería tramitado como lectura única no Parlamento e daría nas próximas semanas unha solución definitiva. Feijóo fixo fincapé en que non se pode hipotecar o futuro desenvolvemento económico e industrial de Vigo e de Galicia por un problema urbanístico que paralice o crecemento de Citroën.
https://www.youtube.com/watch?v=6SzA9lbKhGc