O concello de Ribira vén de publicar as bases da gala do deporte 2016. Na que se valorarán entre outros aspectos os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2015.
Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse a algúns apartados como por exemplo
a) Mellor Deportista Masculino
b) Mellor Deportista Feminina
c) Mellor deportista masculino de deportes de equipo
d) Mellor deportista feminina de deportes de equipo.
2. O xurado estará composto polo Concelleiro Delegado de Deportes e un mínimo de catro vocais máis elixidos por este, entre deportistas, técnicos e demais persoas vinculadas o deporte local.
3. Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida a súa labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde casqueira ámbito de actuación.
4. Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o 15 de FEBREIRO de 2016, mediante presentación de instancia no rexistro xeral do Concello dirixida ó Sr. Alcalde do Concello de Riveira, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com .
https://www.youtube.com/watch?v=YDrX-Ghp1BU