O Hospital da Barbanza e 2 centros de saúde da bisbarra – o de Ribeira e o de Boiro- acollen, dende onte e por primeira vez, aos residentes de Atención Familiar e Comunitaria adscritos ao Barbanza. Ata o de agora, o único centro de saúde acreditado era o de Porto do Son e as rotacións no ámbito hospitalario, realizábanse exclusivamente en Santiago.