O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apuntou hoxe á unha combinación de medidas de carácter social e de seguridade cidadá para evitar o fenómeno da ocupación ilegal de vivendas na Comunidade. Presidiu unha reunión operativa con mandos do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil de Galicia, encabezados polo Xefe Superior de Policía, José Luis Balseiro ,e o xeneral xefe da XV Zona da Garda Civil, Luis Francisco Rodríguez.
Javier Losada apunta a unha combinación de medidas sociais e de seguridade cidadá como resposta ao fenómeno da ocupación ilegal de vivendas

