jueves, septiembre 28, 2023

PORTO DO SON poderá aprobar un pxom histórico que respondeu a máis de 700 alegacións dos veciños

Aos poucos, o equipo redactor e o goberno sonense vai pechando frontes para poder aprobar en pleno o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Onte, o alcalde, Luis Oujo, acudiu a unha reunión coa secretaria xeral de Urbanismo co obxectivo de despexar dúbidas sobre o posible efecto da nova Lei do Solo sobre o plan que se está tramitando. Tras o encontro, o rexedor confirmou que a normativa non afectará ao documento sonense, de maneira que levará a pleno canto antes. A intención é que poida aprobarse provisionalmente dentro dun par de semanas.
Luís Oujo fala sobre as alegacións presentadas.
Despexado o temor de que a nova lei puidese obrigar a atrasar a tramitación do PXOM, o plan está agora pendente dos últimos informes dos departamentos de Secretaría e Intervención do Concello. A previsión é que estes se realicen nos próximos días, de maneira que o plan urbanístico poida debaterse na terceira semana deste mes.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.