Sin categoría

FEIJÓO apela á estabilidade, á confianza e á planificación como factores fundamentais para soster e impulsar o crecemento económico

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe á estabilidade, á confianza e á planificación como factores fundamentais para soster e impulsar o crecemento económico. Así o manifestou durante a súa intervención no acto inaugural do II Encontro de Directivos 100 consellos para o 2016.

O titular da Xunta subliñou que non pode existir prosperidade económica se os axentes implicados nela —emprendedores, consumidores e traballadores—, non confían no sistema; de igual xeito que a confianza nas institucións, dixo, achega uns cimentos sólidos para que a sociedade prospere. Segundo apuntou, a confianza ciméntase na estabilidade e, nese sentido, recoñeceu que é fundamental o labor previsible dos representantes públicos á hora de propoñerlle aos cidadáns un modelo de sociedade e un camiño a seguir para chegar a el.

Salir de la versión móvil