CENTOS DE KILOS DE POLBO CHEGAN AO SON
Porto do Son acollerá o vindeiro sábado a XXI Edición da Feira Exaltación do Polbo. O evento dará comezo ás 13.00 horas emenizado polo grupo de gaitas Rumbía de Porto do Son.
Ás 22.00 horas a compañía Quinquilláns amenizará a exaltación do molusco cun espectáculo de rúa, “No fondo do mar”.
A actuación irá dirixida a tódolos públicos e seguirá un percorrido dende a carpa do polbo ata a Praza de España.
Manel Deán, o concelleiro de turismo, deportes e festexos comentou que o ano pasado vendeuse na feira un total de 800kg que se serviron repartdos en 2000 racións. Os presentes desfrutaron tamén de media tonelada de mexilón e venderonse arredor de 60 empanadas.
A pulpería Veloso vaise encargar un ano máis de cociñar o molusco para os veciños e veciñas que se acheguen á festa.
http://youtu.be/qRaCHMElRSc