A NOVA LONXA de RIBEIRA abrirá as súas portas en 15 días

O alcalde de Riveira, Manuel Ruiz Rivas, mantivo este mediodía en Santiago de Compostela unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que explicou ao máximo mandatario autonómico os temas que máis preocupan ao municipio na actualidade e aqueles que son clave para o seu crecemento futuro.

Neste senso, Ruiz Rivas destacou en primeiro lugar a Estratexia do Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI).

O alcalde deu conta tamén doutros asuntos prioritarios para Riveira. Entre os mesmos, a desafectación da fachada marítima da cidade, a ampliación da zona de atraque de mercantes no porto comercial e a situación do plan MOVE e a circunvalación.

Un asunto que tamén ocupou parte da entrevista foi a apertura da nova lonxa.

Outros temas postos enriba da mesa -e que son de especial interese para colectivos e axentes que operan no noso concello- foron a posibilidade de ampliar a oferta de ciclos formativos no Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso coa incorporación das especialidades de Turismo e de Panadería, Repostería e Confitería; o incremento dos xulgados en Riveira ou a posibilidade de implantar un punto de encontro familiar.

https://www.youtube.com/watch?v=2Oknf-RCSe0

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.