O voceiro socialista noiés, Roberto Iglesias, mantivo este Mércores unha xuntanza no Parlamento Galego co diputado e Vicesecretario do PSdG-PSOE Pablo Arangüena e ca diputada Noa Díaz, para tratar varios temas que preocupan ao Grupo Municipal, especialmente o Saneamento da Ría de Noia. Roberto Iglesias solicitou que dende o Grupo Parlamentario se lle inste á Xunta de Galicia a axilizar a redacción do Plan Director de Saneamento de Noia, e facer públicos os resultados para poder comezar a acometer as melloras necesarias, para eliminar os puntos de verquidos á Ría, e que se depuren a totalidade das augas da vila. Dende a formación consiera incomprensible que unha vila onde o seu principal motor económico sexa o marisqueo, siga vertendo as súas augas sen depurar nun porcentaxe moi alto, co risco de contaminación que iso supón. Dende o grupo municipal consideran que mellorar a calidade das augas é imprescindible, e sería un primeiro paso para poder recuperar máis superficie e ampliar a capacidade extractiva dos bancos marisqueiros actuais que actualmente xeran emprego para máis de 1500 familias na Comarca.
O voceiro do PSOE de Noia mantivo unha xuntanza no Parlamento Galego co diputado do PsdG Pablo Arangüena, solicidandolle que dende o Grupo Parlamentario se lle inste á Xunta a axilizar a redacción do Plan Director de Saneamento de Noia para poder comezar a acometer as melloras necesarias

