Numerosas persoas, concretamente máis de cen, reunironse na tarde de onte na praza do concello ribeirense coa intención de reclamar unha maior dotación de persoas para os centros escolares, co obxectivo de ter un inicio de curso seguro, para evitar ante todo os contaxios pola covid19. Outra das medidas esixidas nesta concentración, convocada por distintos sindicatos e asociacións de pais e nais, foi a de baixar o número de alumnos por clase e poder contar cun maior distanciamento nas aulas entre os alumnos.