A programación organizada pola Concellería de Cultura vai traer a Ribeira esta fin de semana dous espectáculos teatrais que, se o tempo o permite, se celebrarán ao aire libre.
Trátase en primeiro lugar do espectáculo familiar “Cartoóns” que terá lugar este sábado ás 19 horas na praza do Concello (ou se chove, na carpa de usos múltiples fronte ao mercado) e que estará protagonizado polos coñecidos actores Víctor Mosquera e Josito Porto, integrantes de Excéntricas e Teatro do Adro. O evento forma parte da programación de Cultura do Camiño.