Arde en chamas A IGREXA DE SANTA MARÍA DE OLVEIRA

Bombeiros de Ribeira informan de que esta mañá recibiron un aviso do CAE 112 alertándonos da existencia dun incendio na Igrexa de Santa María de Olveira.
De inmediato saímos ao lugar cos vehículos BUL04, AEA04 e PU04 e 5 Bombeiros e cando chegamos puidemos comprobar que saída unha densa fumareda do interior da mencionada Igrexa.
Procedemos a equiparnos cos equipos de respiración e accedemos ó interior encontrando o foco do lume na zona lateral da Sancristía extinguido o mesmo sen moitos problemas.
Posteriormente iniciáronse as manobras para ventilar todo o interior do templo que foron moi laboriosas debido á gran cantidade de fume existente.
Unha vez que se rematou de ventilar todo o interior comprobamos que quedase todo en condicións seguras e demos por finalizado o servizo ás 11:40 horas.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.