O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu no Parlamento que limitar o uso das mencións referentes a Galicia ao mexillón producido baixo a Denominación de Orixe Protexida (DOP) suporía deixar fóra a maior parte deste marisco que tamén foi producido en Galicia pero que non está acollido a esta figura de protección.
Esta problemática podería afectar ás empresas conserverías da Barbanza, como é o caso de Escurís Batalla.
Balseiro lembrou que a DOP só ampara produto en fresco e deixa fóra ás conservas. Neste sentido, aclarou que, con datos de 2014, so o 14 por cento da produción total de mexillón en Galicia foi amparada por esta figura específica de protección diferenciada polo que, de levar adiante o que reclamaba o BNG no Parlamento, unha gran maioría do sector produtor “quedaría desamparado, ao non poder ser etiquetado como galego.”
https://www.youtube.com/watch?v=MhhTZJFvsHI