Por segundo ano consecutivo, o departamento de Servizos Sociais de Porto do Son convocou un concurso de fotografía sobre a igualdade de xénero. Trátase dun certame aberto a toda a poboación e dotado de tres premios de 600. 300 e 150 euros, coa posibilidade de que o xurado conceda ata tres accésit de 60 euros. Os interesados en participar teñen de prazo ata o 29 deste mes para facer chegar os seus traballos ás oficinas da casa consistorial.
O concelleiro de Asuntos Sociais, Javier Quiñoy explicou as bases da convocatoria.
http://youtu.be/KypLB6rySiE