O Auditorio Municipal de Ribeira dará cabida entre o 9 de outubro e o 12 de decembro a unha nova edición da Mostra de Teatro de Ribeira: un certame que neste ano tan excepcional e para dar cumprimento á normativa covid estará limitado a 200 butacas en lugar das 279 de que dispón a instalación (é dicir, o 75% do aforo).