Deportes

Acordo para a non celebración da Volta Ciclista a Galicia 2020

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha reunión coa federación galega de Ciclismo e os clubs afectados, ao fin de analizar a situación da Volta a Galicia 2020. Pese aos esforzos realizados ata a data actual, a proba, de carácter estatal e aberta á participación de equipos procedentes doutras Comunidades Autónomas, non contaba cun protocolo específico de seguridade polo que, atendendo tamén á situación epidemiolóxica dalgúns concellos contemplados no itinerario desta edición, os asistentes decidiron primar a protección da saúde dos deportistas, público e da poboación en xeral, fronte a competición deportiva.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.