En Boiro téñeno claro cun non rotundo á Lei de Acuicultura

Unanimidade no Pleno de Boiro para solicitar a retirada do anteproxecto da Lei de Acuicultura.
Nunha abarrotada sesión plenaria, á que asistiron bateeiros, mariñeiros , mariscadores e mariscadoras, todas as forzas políticas votaron a favor de solicitala retirada do anteproxecto da Lei de Acuicultura. A sesión comezou tomando a plabra o sector, e fixoo por boca dun representante dos bateeiros que amosou o sentir común, afirmando que de saír a diante dita lei, acabouse o traballo no mar tal e como se coñece dende fai un cento de anos.

Tralo aplauso dos presentes tomou a palabra Javier Chouza, voceiro de Cidadáns, e fixo destacando a importancia do sector na comarca .
Pola súa banda, Dores Torrado, voceira de Boiro Novo, indicou a gravidade que dita Lei tería para este municipio.

O PSOE falou na mesma liña, o seu voceiro, Manuel Maneiro, destacou que as normas se deben facer para o sector, animando os mariñeiros e bateeiros a seguir coitando.

Manuel Velo, representando a inicipativa cidadá de Boiro, arrancou os aplausos dos presentes cando relatou como en calqueira ánbito onde hai negocio hai un señor con poder para escatimar os propietarios.

Dende o BNG agradeceron o posicionamento do PP de Boiro, malia ser do grupo do goberno da Xunta posicionouse ó lado dos veciños.

E os maiores aplauses nesta emotiva sesión foron para o rexedor e o seu grupo, cando a pesares de ter que votar contra un anteproxecto popular non lle temblou a man para apoiar o sector.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.