Ribeira vístese de entroido do 2 ó 10 de Febreiro

O Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira acolleu esta mañá a presentación do programa do Entroido de Riveira 2016, que será do 2 ao 10 de febreiro. Un ano no que se aumenta o número de actividades no programa incrementado tamén a calidade dos eventos xa tradicionais, como o Festival de Murgas e Comparsas, a Choqueirada Infantil, a Festa da Noite do Entroido e o Enterro do Felipe.
Como novidade este ano, contarase co Expreso do Entroido, un tren infantil que percorrerá a cidade de Riveira o venres 5 pola tarde e o sábado 6 e o luns 8 durante todo o día, a saída e chegada será da Praza do Concello e a entrada é gratuíta ata encher o aforo do tren (25 prazas) facendo fila na propia estación que se habilitará na zona de carga e descarga da rúa Rosalía de Castro (frente a Mango). O luns 8 a partir das 21:00, na Carpa do Entroido, que este ano estará situada na Praza de Españaanos Sesión de Dj para Mocidade en duas sesións. Cabe destacar o concurso de Murgas que se vai celebrar o martes, 9 de Febreiro.
Organizouse tamén, en colaboración coa asociación de Empresarios de Riveira e o Centro Hostaleiro Aberto, o Concurso de Decoración de Locais Hostaleiros con 3 premios, ademáis de unha Ruta de Tapas do Pequeno Entroido,
O sábado 13, co fin de prolongar o carnaval ao vindeiro fin de semana e encher de maior contido celébrase a IV Feira do Comercio de Inverno, organizada por Viamare e que terá lugar os días 12, 13 e 14 na Carpa instalada na Praza de España. Tamén para esta feira habrá inchables na praza de España e outras actividades dirixidas aos máis pequenos da casa.
Dende o departamento de cultura agradecen a colaboración da Asociación de Empresarios Viamare e o Cha, así como a do Club de Xubilados e Pensionistas do Mar de Riveira, que realizan o Felipe para o velorio, procesión e queima que terá lugar o mércores 10. Agradecen tamén a colaboración de Magic Mendes Solucións Audiovisuais, na organización do I Festival Musical Solidario do Entroido, onde participarán varios grupos locais como Belfast, Asfire, Fran Besada, Juan El Australiano entre outros, e os asistentes poderán levar alimentos non perecedoiros, roupa, xoguetes, libros, material escolar, etc que será destinado a ONG´s locais que traballen para paliar as necesidades sociais do municipio, esta é tamén unha novidade do Entroido deste ano. Será o sábado 6, a partir das 21 h, na Carpa do Entroido na Praza de España.

https://www.youtube.com/watch?v=DOrqHPWLGJE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.