O POLBO repunta a facturación na LONXA DE RIBEIRA

As capturas de polbo están a repuntar a facturación na lonxa de Ribeira, ou así o asegura o patrón maior da confradía que, esta mañá mostaraba a súa Ledicia polas boas novas.
A pesar de que o tamaño da maioría das capturas é mediano os mariñeiros non están a ter problemas para coller os cupos que actualmente se situan en 50kg por embarcación e tripulante enrolado a bordo.

Explica José que están a traballar ao abrigo, sempre dentro da ría e en concreto nas inmediacións de Sálvora.

Non poden dicir os mesmo os mariñeiros de Costa da Morte que, debido ao mal tempo que houbo ata fai unha semana estiveron case 20 días sen sair ao mar.

As vendas aumentan e os prezos rondas entre os 4 e os 7 euros.

Nos vindeiros días as embarcacións tratarán de sair con regularidade.

https://www.youtube.com/watch?v=AAHPe6AgYpU

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.