martes, octubre 3, 2023

BREAKING

A consellería de política social suma un novo contacto ás súas reunións cos alcaldes galegos para deseñar a estratexia social de galicia de xeito coordinado

A Consellería de Política Social prosegue a súa rolda de encontros cos rexedores galegos que iniciou no mes de outubro do ano pasado cando o executivo autonómico constituíu a nova carteira social. O obxectivo destas xuntanzas é mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.

A Xunta de Galicia e os concellos adquiren o compromiso de acadar unha política social apropiada que se adapte as necesidades dos habitantes de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio coruñés de Porto do Son, José Luis Oujo Souto.

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde comentaron algúns dos puntos máis importantes que acadou a colaboración entre estas dúas institucións. Así, destacaron a escola infantil que conta con 3 unidades e 41 prazas cuxa Casa do Mar foi rehabilitada recentemente. Do mesmo xeito apuntaron cara a remodelación, mellora e reparación da instalación do Campamento xuvenil Virxe de Loreto; ou o incremento de 400 horas no Servizo de Axuda no Fogar que conta cunhas 1.279 horas en total. Ante a coordinación de Xunta e Concello desenvolta con éxito nos últimos antes, os dous mandatarios bosquexaron futuras liñas de colaboración para continuar beneficiando aos cidadáns sonenses.

Related Posts

Load More Posts Loading...No More Posts.