Marisol Villar abre a porta a posible moción de censura

Marisol Villar abre a porta a posible moción de censura, ou así o fai pensar o feito de que abandone o Noia conservando a acta de edil.
Villar renunciou a todas as competencias que tiña asignadas como tenente de alcalde e concelleira de comercio e Participación Cidadá. Así como a dedicación exclusiva, por desacordos na xestión municipal.
O NOIA reunirase nos vindeiros días para tomar decisións dada a tesitura na que se atopa tralo abandono de Marisol Villar, se fai semanas planeaba a sombra dunha posible rotura co Psoe para apostar por un goberno co PP, agora o panorama é ben distinto, xa que ó lider dos populares, Santiago Freire, bastaríalle co apoio do grupo independente ó precisar tan so dun voto para sacar adiante a moción.
Precisamente Santiago Freire valorou esta nova situación, destacando que o sucedido deixa patente a ingobernabilidade no Concello. O seu grupo está preparado para acabar con esta situación no concello, e xa teñen preparada a moción, soi falta que os concelleiro do NOIA a asinen. Freire destacou que agardan contar con todo o grupo do Noia.

https://www.youtube.com/watch?v=Nqzr6bDLiJ8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.