A problemática do cerco non está a pasar en balde ou senón que llo preguntes ao presidente da federación galega de confradías, Tomás Fajardo, que se encontra baixo o punto de mirá de moitos representantes do sector que piden a súa dimisión. Acúsano de non mollarse á hora de defender os intereses do cerco galego e aseguran que en diversas reunións mantidas coa conselleira, Tomás non se posicionou co sector reivindicativo. Esta foi a causa principal do asociacionismo, os armadores e mariñeiros que non se sentían am,parados pola federación comezon a formar asociacións co fin de defender a súa postura. De ahí o nacemento de acerga e cerqueiros de Galicia.
José Blanco, presidente de agrega non pasa por alto a súa actitude, e como socio da federación cre que se debería mollar máis co sector.
Cre firmemente que dende a federación non existe vontade de unir o cerco en Galicia.
Dende a federación aseguran na súa defensa qie as asociacións están a tomar decisión que consensuan entre eles e despois llas transladan á federación, cando xa esta todo falado. Dende acerga atribuen isto a que a federación non esta funcionando ben.
Tal é así que asegura que nos últimos tempos marcharon varias artes ao non sentirse representadas.
Non obstante, José non considera isto razón necesaria como para facer que Tomás dimita e explica a ijmportancia de darlle unha segunda oportunidade coa condición de que atenda mellor ao sector.
Durante unha reunión mantida esta tarde José trasladoulle o descontento a Tomás e pediu un cambio de actitude.
https://www.youtube.com/watch?v=eHiTgc3QhsA