O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe que a aprobación do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, axudará a consolidar a recuperación económica e a intensificar a creación de emprego a curto e medio prazo. Segundo dixo, o texto, que será agora remitido ao Parlamento, é un instrumento de planificación que aposta por un modelo de crecemento baseado na innovación e no capital humano.
Feijóo concretou que se trata dun documento que conta con dez obxectivos entre os que destacan: consolidar un crecemento económico sostido, con avances anuais do PIB por riba do 2,5%; aumentar en 100.000 o número de empregos ata 2020 e reducir a taxa de paro ata o 10%; diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro un 35% .
O GOBERNO GALEGO compométese a reducir nun 10% a taxa de desemprego nos vindeiros cinco anos
Please login to join discussion