A posta en marcha da PISCINA MUNICIPAL DE PORTO DO SON no mes de xaneiro creará tres postos de traballo

O concello de Porto do Son anunciou es6ta mañá que está a punto abrir as portas da piscina. Esta infraestructura posta en marcha grazas a unha subvención da deputación da Coruña de 1 millón 400 mil euros botará a andar no mes de xaneiro e será xestionada pola administración local, quen ademais informa de que creará postos de traballo
e repasa os postos xa xerados durante a súa construcción.

Luís explicou que se abriu neste mes de xaneiro por falta de socorristas.

O primeiro mes será gratuito para todos os usuarios que o queiran probar. Pero unha vez regularizado as tarifas serán as seguintes.
Haberá catro bonos diferentes. O familiar terá un custe de 29.90 euros ao que se sumará o prezo do cónyugue que será de tres euros, cada fillo menor de idade terá que pagar un euro.
O bono de adultos, entre 26 e 64 será de 29,90 euros, o bono xove, de 19 a 25 estará en 19.90 e o bono para a terceira idade terá o mesmo prezo.

O prezo para os non aboados rondará entre os 2 e os 4 euros segundo a idade.

O alcalde explicou a importancia de facer unha boa xestión con bo servizo, calidade e baixos prezos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.