Dous empresarios de LOUSAME son acusados de traficar con 250 quilos de cocaína

A Axencia Tributaria localizou o pasado luns, en Lousame, un total de 250 quilos de cocaína ocultos nun colector con carbón vexetal procedente de Encarnación (Uruguai). Segundo informaron fontes oficiais, a droga atopouse no curso de tarefas de control de importacións nas instalacións dunha empresa.
O colector chegara ao porto de Vigo o 15 de xaneiro, cunha carga de sacos de carbón vexetal. A operación, denominada Reyes Magos, iniciouse no porto de Vigo despois de que a Axencia Tributaria detectase o colector sospeitoso e continuaron na empresa de Lousame á que ía destinado.
Entre varios dos máis de 1.600 sacos de carbón vexetal ocultábanse 278 pastillas de ao redor dun quilo de cocaína, o que supón aproximadamente 250 quilos de droga en total. Detectada a droga, procedeuse á detención de dúas persoas relacionadas coa empresa importadora, que foron postas a disposición xudicial do Xulgado de Instrución número 1 de Noia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.