O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Diego Calvo, entregou hoxe no complexo administrativo de San Caetano un total de 7 vehículos todo terreos pick up e 7 remolques con material con material de emerxencias destinados a 14 Agrupacións de Protección Civil da provincia da Coruña, rematando así a segunda rolda de entrega de material, que xa se levou a cabo nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra -fai dous días- e completándoa hoxe en Santiago.
Desta volta, foron beneficiarios os concellos de Padrón que recibiu terreos; e os concellos de Boiro e Rianxo, que recibiron os remolques destinados ás emerxencias, que contan con electro bombas somerxibles, motobombas para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserras, rozadoras de 3 CV, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización
OS CONCELLOS DE BOIRO E RIANXO reciben novos remolques destinados ás emerxencias
Please login to join discussion