O centro cultural lustres rivas foi escenario esta mañá da presentación do FESTIVAL DE DANZA GALEGA DE AIRES DE DORNA DE RIVEIRA que se celebrará o vindeiro domingo, ás 20 h no Auditorio Municipal. A entrada será gratuíta ata encher aforo e poderase recoller ½ h antes no propio auditorio.
No acto de presentación estiveron a Concelleira de Cultura Fabiola García Martínez, a Presidenta de Amas de Casa e Aires de Dorna, Magdalena Bringas e o Director e coreógrafo de Aires de Dorna, Vicente Colomer.
Fabiola dou as grazas á entidade por organizar este evento aberto á cidadanía e contar coa colaboración da Concellería de Cultura ao tempo que por seguir recuperando a memoria e cultura a través da danza e o canto tradicional galego.
Vicente Colomer sinalou que sobre o escenario van actuar 25 persoas con
coreografías dos catro últimos anos acompañadas das novidades e propostas para este novo ano 2016 onde se porá de manifesto o proxecto da asociación.
A presidenta salientou a profesionalidade de Vicente Colomer indicando que empezou no grupo de neno, marcho ao Ballet Rei de Viana, fundou Nova Galega de Danza e logo regresou fai catro anos para recuperar este novo proxecto de Aires de Dorna.
https://www.youtube.com/watch?v=JfBh913aaZA